Os Nosos Proxectos
Moda, alimentación, decoración… Unha materia prima tan nobre como a madeira permítenos tornear creacións perfectas para proxectos ideados desde múltiples sectores.
Ao longo dos anos, desde o taller de Atalanta colaboramos con empresas de referencia e proxectos innovadores para transformar os seus anhelos en ourivería e axudalos a conquistar o corazón dos seus clientes.
As ideas, os saberes e as experiencias doutros creadores e emprendedores impúlsannos a seguir investigando e a evolucionar o noso centenario oficio elaborando produtos belos, útiles e sostibles que melloren a vida das persoas.
Feiraco
En Galicia, levamos séculos creando auténticas obras de arte con madeira e leite. Por que non fusionar ambos mundos nunha única creación? No taller de Atalanta, deseñamos pratos e bandexas para Feiraco, unha empresa líder no sector lácteo español, destacando as características manchas negras da fermosa pel das vacas.
Namoreiras
Produtos sostibles, tradicionais e enraizados na herdanza rural. Esta é a esencia das creacións de Atalanta e do obrador de galletas e pastas artesanais, Namoreiras. Xuntos, lanzamos varios paquetes nos que exquisitas sobremesas están acompañadas por artigos elaborados no noso taller, como pratos, bandexas, caixas e incluso niños de paxaros e peonzas.
D-Raíz
Pode a madeira ser unha materia prima para a moda máis elegante e sofisticada? Este foi o desafío que asumimos xunto á marca de moda sostible D-Raíz. Creámos broches de madeira para diversos modelos de bolsos, xogando coas diferenzas de volume, texturas e formas da madeira e dos tecidos para lograr accesorios únicos.
Sargadelos
O gremio dos torneros de madeira leva séculos combinando estética e funcionalidade. Na Atalanta, esforzámonos por crear pezas nas que a sinxeleza se transforme en elegancia e practicidade. Este principio guiounos na elaboración de tapas de madeira que encaixan á perfección coas velas aromáticas de Sargadelos, un verdadeiro ícono da artesanía galega.
Bekimaya
Esculpir a madeira para transmitir aos nenos a importancia de protexer os animais en perigo de extinción. Este foi o obxectivo do proxecto que levamos a cabo con Bekimaya, unha empresa centrada en produtos de crianza sostible. Elaboramos dous conxuntos de madeira de abedul para que os máis pequenos puidesen comer con eles mentres descubrían a beleza dos animais autóctonos.